Aula de 5 anos
Sexto en Raiola
Sexto é o último curso que imos pasar en Raiola e vaise moi rápido.
No tempo que media desde setembro ao xuño seguinte, viviremos na nosa aula e nos nosos patios experiencias inesquecibles.
As festas, celebracións e conmemoracións, irán marcando no noso calendario datas nas que, en convivencia, medraremos sentindo que somos parte da historia de Raiola.
Cantar, recitar, escoitar fermosas historias, debuxar, escribir, ler, xogar,... as experiencias de cada xornada escolar encherannos da ledicia que aporta ser un pouquiño máis capaces cada día.
A paz, a igualdade, o amor ao noso patrimonio cultural, o gusto pola música tradicional, o amor aos nosos primeiros referentes literarios..., conviven neste último tempo de Raiola coas aprendizaxes escolares clásicas que tan divertidas van ser.
O día da despedida imos ter a mochila chea de emocións que nos axudarán a camiñar pola vida.