top of page
pincelada rosa.png

Horario de apertura:

RELOXO.png

DE LUNS A VENRES

DE 07:45 A 17:00 HORAS

​

  Este horario poderá modificarse:

  • Durante os períodos de vacacións de Nadal, Entroido e Semana Santa 

       o horario de apertura reducirase de 07:45 a 15:45 horas.

  • No verán, durante os meses de xullo/agosto, segundo a demanda das familias. 

​

1º Ciclo

Cada curso escolar constará de 11 meses de atención educativa e 1 mes de vacacións.

​

A asistencia do alumnado do 1º ciclo terá un límite máximo de 8 horas, podendo as familias solicitar a xornada que mais se axuste ás súas necesidades.

​

2º Ciclo

​

O horario lectivo do segundo ciclo é de 09:00 a 14:00 horas, e seguirá o calendario escolar para o curso actual aprobado pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Os alumnos que así o desexen, poden solicitar o horario complementario da escola ao longo do curso, así como nos períodos non lectivos nos que a escola permanece aberta, nos que se desenvolven diferentes obradoiros.

​

pincelada rosa.png

Comedor

Raiola ofrece un variado servizo de comedor que comprende almorzos, tentempés, xantar e merendas.

Os usuarios do servizo de comedor poden elixir entre os diversos tipos de comida e anotarse fixo todos os días ou só cando o precisen. Estarán en todo momento asistidos por persoal do centro cualificado.

Ademáis de coidar os hábitos de alimentación e de saúde no comedor, trabállanse tamén aspectos de autonomía persoal.

Comedor-escolar.png

* A opción de traer alimentos á escola queda reservada para casos concretos, como o alumnado de 1 a 2 anos que non teñan todos os alimentos introducidos ou no caso de alumnado con alerxias graves se así o solicitan. As familias usuarias deste servizo terán que comprometerse a manter as medidas preceptivas durante a preparación, cociñado, envasado e conservación dos alimentos para evitar riscos para a saúde do menor. 

bottom of page