8 de Marzo
8M Día internacional da muller
O Día Internacional da Muller celébrase cada 8 de marzo. Millóns de persoas en todo o mundo maniféstanse nesta data para conmemorar a loita que libran as mulleres dende fai anos pola igualdade de dereitos. Este día celébrase de maneira oficial dende 1975, cando foi declarado polas Nacións Unidas.
UN 8M AÍNDA MÁIS DIFÍCIL
Díxonos Xosé Neira Vilas na súa obra ESPANTALLO AMIGO que hai espantallos que semellan homes e homes que semellan espantallos.
Nestes tristes días véñennos á cabeza exemplos claros de tal afirmación. Pola contra á nosa escola chegou para animarnos neste 8M, unha espantalliña que se asemella a todas as mulleres que pedimos PAZ e IGUALDADE.
A súa pequena pancarta, faise grito xigante nas gorxas das persoas que tremen de indignación ante o retroceso dos dereitos, que estamos a sufrir.
Coa nosa espantalla levantamos a voz as nenas e nenos, e os homes e mulleres de ben que non podemos deixar de berrar;
8M, PAZ E IGUALDADE