
Próxima apertura
PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2026/2027
Infantil 0-3
Do 2 a 23 FEBREIRO
Organigrama


A entidade titular ten carácter asociativo.
A Asociación do Xardín de Infancia Raiola acolle a nais e pais que comparten os intereses de Raiola como escola infantil inclusiva, integradora, activa e participativa.
​
Coas cotas que aportan voluntariamente os socios e as socias é posible levar á escola espectáculos teatrais ou concertos musicais, adquirir novos materiais educativos, realizar melloras nas instalacións ou nos servizos que oferta a escola, e planificar saídas ou celebracións para toda a comunidade educativa.
​
Os SOCIOS participarán na xestión do centro a través da ASEMBLEA XERAL:
-
de forma ORDINARIA no primeiro trimestre do ano,
-
de forma EXTRAORDINARIA, cantas veces se considere oportuno convocar.
​
A XUNTA DIRECTIVA estará constituída polos socios electos que presentaron a súa candidatura.
O/A presidente/a da Xunta Directiva acturá como representante legal da entidade.


