Día da Paz
Paz para a xente e para os pobos
Para facer a PAZ non é necesario ser superheroe :
-
Fan a PAZ aquelas e aqueles que defenden os dereitos humanos.
-
Defenden a PAZ os que e as que loitan polos dereitos económicos, sociais, lingüísticos,... da xente e dos pobos.
-
Procuran a PAZ todas e todos os que se opoñen á inxustiza e á barbarie exercida contra as persoas e a Natureza.
-
Buscan a PAZ aquelas e aqueles que non se conforman e que non miran para outro lado cando a inxustiza non lles afecta ese día.
O día que se adica a celebrar a PAZ é tamén o día do aniversario de nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Esta é unha feliz coincidencia pois non se pode ser unha persoa máis de paz do que o foi el.
O seu espírito pacífico e cheo de compromiso coa xente de ben tivo que padecer moito cando unha GUERRA virou toda as súa vida alonxándoo da amada TERRA e segando o seu traballo político.
El, e moitas e moitos outros, padeceron os desastres dunha guerra que aínda ten testemuñas vivas e que non podemos esquecer.
TRABALLAMOS POLA PAZ SEMPRE
30 de xaneiro. Día da PAZ.
A paz é cousa nosa
Nestes días pasados en que nos acercamos ao 30, DÍA DA PAZ reflexionamos moito sobre este ben que é imprescindible para a vida digna.
No noso pensamento colocamos con claridade a necesidade de procurar a PAZ de abaixo para arriba, no día a día de cada quen.
Traballar pola PAZ é tarefa que nos compete a todas e todos. A búsqueda da PAZ ten que converterse nunha actitude que nos permita compartir a dor e problemas dos demais, sendo nós unha parte da solución.
Gandhi, Luther King, Rosalía, Mandela, Malala, Castelao, Lorca, Neira Vilas... e moitas e moitos outros despois de irse seguen representando a solución.
Imitémolos.