As nosas instalacións
As nosas instalacións son espazos de aprendizaxe e de descubrimento adaptados ás diversas etapas de Educación Infantil constituíndo un terceiro elemento real entre os/as nenos/as e os/as educadores/as.
O centro conta con:
-
3 aulas para o 1º ciclo
-
3 aulas para o 2ºciclo
Os exteriores da escola son un dos seus sinais de identidade.
A finca na que está sita Raiola ten unha superficie de 8000 m2. O edificio ocupa 350 deste metros, quedando o resto para o uso do alumando en actividades e xogo ao aire libre. Todo este espazo distribúese en zonas diferenciadas que supoñen variadas oportunidades de experimentación para o alumnado.
As zonas comúns son zonas de interacción onde, entre outras cousas, adquirimos normas de convivencia.
Todas estas áreas educativas están distribuídas nun edificio de dous andares.
As aulas do 1º Ciclo están situadas no andar principal e ten unha entrada accesible mediante rampla.
Con respecto ao 2º Ciclo, a aula de 3 anos está na planta superior e as aulas de 4 e 5 anos están na planta baixa.
Raiola conta con:
-
Un gran patio de area que ten parte da súa superficie reservada para que as nenas e nenos máis pequenos xoguen con tranquilidade.
-
Unha área de herba e sombra na que desfrutar cando a calor empeza a subir.
-
Unha área de xogo con froiteiras das que destaca a figueira, que é un lugar inesquecible para as nenas e nenos do 2º Ciclo especialmente.
-
Un pequeno bosque autóctono en proceso de formación, que ocupa o espazo do antigo piñeiral, no que volveremos a ter as nosas amigas "as árbores" dándonos todos os seus beneficios.
-
A Eira de Raiola, na que materializamos un proxecto que ten por obxectivo darlle a oportunidade ao alumnado de participar no ciclo da vida das plantas. A Eira está distribuída en recunchos adecuados para o coidado das especies que se decida plantar.