top of page
Outono
TEMPO DE RECOLLER
​
No outono apañamos castañas, noces e abelás. Collemos figos, mazás, marmelos, freixoas e as cabazas que non falten.
A nosa ansia recolectora vese calmada nesta estación, na que nos preparamos para o tempo escuro e frío do inverno.
A castaña no ourizo
Eu ben sei o que fai
Si está verde madura
Si madura, cae...
PASO A PASO IMOS CARA O MAGOSTO
​
Mari Castaña xa está aquí!
Visitounos como noutras ocasións para facernos un encargo relevante.
Ela necesita que as nenas e nenos de Raiola coñezan a importancia que tiveron os castiñeiros e as castañas na supervivencia da xente nesta Terra, antes da chegada de alimentos como o millo ou a pataca.
Tócanos traballar nestes días que faltan ata o día 11 de novembro, día dos magostos, para cumprir co que Mari Castaña nos pediu.
bottom of page