Proceso de admisión novo ingreso
CURSO 2024/2025
ACTUALIZACIÓN DE PRAZAS DISPOÑIBLES
TRAS PROCESO DE ADMISIÓN ORDINARIO
Grupo 1-2 anos: 0 prazas.
Grupo 2-3 anos: 8 prazas.
PRAZO ORDINARIO DE ADMISIÓN NOVAS SOLICITUDES
MARZO 2024
Dirixido a...
Familias interesadas en escolarizar o seu fillo ou filla, nados no ano 2022 e 2023.
Presentación
-
O impreso facilitarase na secretaría do centro no momento de tramitar a solicitude, para darlle rexistro de entrada.
-
O horario de atención ao público da secretaría: de 10:00 a 12:00 e de 16:00 a 17:00 horas.
Documentación:
-
copia DNI pai/nai ou titor/a legal.
-
copia libro de familia do/a alumno/a, ou equivalente. De ser o caso, libro de familia numerosa.
-
copia tarxeta sanitaria e libro de vacinación do/a neno/a.
-
certificado de convivencia familia ou empadroamento.
-
resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso.
-
acreditar a situación laboral pai/nai (contrato, nómina, certifificado autónomos, ...)
-
copia renda/s das persoas da unidade familiar correspondnete ao último exercicio fiscal.
Adxudicación de prazas:
-
Terán preferencia: o alumnado con dereito a renovar a praza así como os/as irmáns deles.
-
As vacantes restantes serán adxudicadas por orde de entrega, segundo o rexistro de entrada, se a solicitude conta coa documentación requirida e non houbera máis solicitudes que prazas ofertadas. No caso contrario, de ter máis solicitudes que prazas ofertadas, as solicitudes serán baremadas segundo o baremo de aplicación nas escolas infantís 0-3 de xestión directa da Xunta de Galicia e adxudicaranse as prazas segundo a orde puntuación acadada no baremo.
-
Publicarase o listado de solicitantes con praza adxudicada e en lista de agarda no taboleiro de anuncios da secretaría.
Reserva de praza:
-
Os solicitantes a quen lle sexa adxudicada a praza deberán garantizar a reserva co pago de 100 euros.
-
Este importe será compensado no inicio do curso 2024-25 como material de aula e o petisco de media mañá.
Matrícula e reunión de benvida ao curso 2024-25:
O centro contactará coas familias con praza reservada a finais do mes de xuño para tramitar a matrícula do novo curso escolar e asinar as autorizacións pertinentes.
* Gratuidade cota de atención educativa para todas as nenas e nenos.
* Servizo de comedor, compensación do gasto segundo rendas per cápita.